A finais de marzo, cando se presentaba a composición da Comisión de Festas do San Paio, confirmábase que o cartel estaba prácticamente pechado. Este domingo, na Romaría de San Xorxe de Cereixo, a orquesta Gran Parada confirmaba que estará nas festas estradenses.
Segundo concerto de Panorama City
Ao remate da actuación da orquesta Gran Parada, comezou a da Panorama City, sendo a segunda da súa historia – estreouse na noite do sábado en Noia – e a primeira que ten lugar no concello da Estrada.

Imaxe de portada: A orquesta Gran Parada en Cereixo // Xornal da Estrada


Deixar un comentario