Este sábado ás 16.15h Xornal da Estrada gravará un especial do Xornal Semanal polo apagamento do pasado luns. A gravación terá lugar na Escola de Carracedo, na parroquia de Ribela.
Este especial non só servirá para repasar o apagamento, pois tamén se lembrará os problemas de cobertura que ten a parroquia e que a deixaron incomunicada no momento no que se produciu o apagamento.
Na gravación poderá participar calquera veciño ou veciña do concello, contando as súas vivencias nesta semana histórica, algo que servirá para enriquecer o relato informativo.

Deixar un comentario