O contedor marrón implantaráse en dúas fases despois do verán

O contedor marrón implantaráse en dúas fases despois do verán

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e Óscar Durán, concelleiro de Servizos Municipais, avanzaron como se vai implantar o contedor marrón, destinado a residuos orgánicos. A pretensión é que se faga en dúas fases e que comece ao rematar o verán.

A primeira fase será para hostaleiros e grandes produtores deste tipo de residuos, polo que os hostaleiros foron citados para o martes 13 de maio ás 19.00h no MOME.

A segunda fase focalizaráse no ámbito doméstico, con diferentes campañas de sensibilización e información para que a cidadanía vaia interiorizando o seu funcionamento. Os particulares comezarían a empregalo en 2026.

Instalaránse tres modelos de contedores, con capacidades de 50, 240 e 1100 litros. A recollida efectuaráse os luns, mércores e venres en horario matutino, algo que ven condicionado polo funcionamento da planta de Sogama, que obriga a facer a descarga de residuos órganicos eses tres días e sempre antes das 12.00h.

Contando con que chega o momento de realizar a licitación do servizo, agardar a chegada dos contedores e compactares e comezar a primeira fase de implantación do quinto colector, prevése que este contedor poida comezar a funcionar entre setembro e outubro.

Para o momento no que chegue a implantación entre os cidadáns, programaráse unha charla de sensibilización. Para poder empregalo, cada cidadán contará cunha tarxeta identificativa co que se abrirá.

O colector marrón está destinado a restos de froitas, verduras, carne, peixes, ósos e comida cociñada; cascas de ovo e froitos secos; papel de cociña, panos de mesa e papel sen tinta; pousos e filtros de café; bolsas de té; restos de pan e cereais; flores e plantas murchas, cortizas e serrín. Non se pode introducir nel cueiros, cabichas, aceites, restos de varrido, plásticos, metais e vidros ou produtos químicos e medicamentos.


Imaxe de portada: presentación do contedor marrón // cedida

Comentarios

One response to “O contedor marrón implantaráse en dúas fases despois do verán”

  1. Avatar de A Estrada cambiará o modelo e reorganizará os contedores amarelos – Xornal da Estrada

    […] municipal, incorporaránse 15 novas unidades destinadas ao vidro e, a partir do outono, chegará o contedor marrón, destinado aos residuos […]

    Gústame

Deixar un comentario