Aberta a venta anticipada de tíckets para a Festa do Salmón

Aberta a venta anticipada de tíckets para a Festa do Salmón

O domingo 18 celebraráse a Festa do Salmón. Nela participarán 12 establecementos e distribuiránse 5.500 pinchos. Para a degustación que se celebrará baixo unha gran carpa na Praza da Constitución, comezou a venta anticipada de tickets. Estes custarán 4 euros – o mesmo que custará cada ración o día da festa – e non estarán asociados a un restaurador en concreto.

As racións que se servirán o día da festa serán as seguintes:

  • Velis Nolis: Salmón afumado con salsa tártara; Tako de salmón con xudións; Fideua de choco e salmón e Gilda de Salmón
  • Malo Será: Tartar de salmón, pastel de salmón e Salmón ao Conde de Ximonde.
  • Cervela: empanadilla de masa quebrada de salmón e empanadilla de masa quebrada, salmón e zamburiña.
  • A Casa do Pan: Empanada de salmón e canapé de salmón afumado.
  • Sala Gradín: Tostada mexicana de salmón e langostino e salpicón de salmón, rape, gambón e gamba.
  • Río Liñares: Ensaladilla de salmón e encurtidos e Canelón de salmón e espinaca.
  • O Lagoeiro: Croquetas de salmón e mini burguer de salmón.
  • Andalucía: Pionono de salmón con salsa holandesa e Canalón de salmón.
  • O Candil: Shushi de salmón.
  • A Riala: Poke de salmón.
  • Míster Pizza: Pizza branca de salmón de gambas.
  • A Lacena de Chucha: Salmón croissant e Crocante de salmón.

Ademais, para ir abrindo boca, esta fin de semana celebraránse unhas xornadas de tapeo de salmón.


Imaxe de portada: ración da última Festa do Salmón // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario