San Miguel de Barcala celebra as súas festas patronais

San Miguel de Barcala celebra as súas festas patronais

San Miguel de Barcala celebrará esta fin de semana as súas festas na honra de San Miguel e de San Roque.

O sábado ás 12.30 actuará a Asociación Cultural Os Pereiriños. Ás 13.00h oficiaráse unha misa solemne, á que seguirá unha sesión vermú co grupo Mar de Arousa. Tanto durante a sesión vermú coma á tarde haberá inchables para os pequenos da casa. Á noite, a verbena correrá a cargo do grupo Mar de Arousa.

Ás 13.00h do domingo actuará a Banda de Música Municipal da Estrada e, ás 13.30h, será a misa solemne. Ao remate desta, a Banda de Música Municipal da Estrada porá música á sesión vermú.

Comentarios

Deixar un comentario