Do 16 ao 18 de maio celebraráse na Sala Abanca a II Exposición BAE organizada por Bonsái A Estrada. Este evento foi presentado este venres por membros da asociación organizadora e pola concelleira Lucía Seoane.
Juan María Roi, novo presidente da asociación, comentou que este evento servirá para devolver e agradecer ao Concello “polo apoio recibido durante todo o ano”. “Creamos unha arte, queremos que todos os veciños o compartan”, asegurou.
Nesta edición contaráse con máis árbores de socios e serán tres días nos que haberá talleres e demostracións que permitirán coñecer como se traballa e coida aos bonsáis. En total haberá entre 26 e 28 árbores.
As árbores virán de diferentes coleccións, coma as de Luis Valiño, Alberto Pumar “Kingii”, José Freire e Juan Liñares. As demostracións correrán da man de Juan Liñares e de Juan María Roi.
A inauguración será o venres en horario de 18.00 a 21.00h. O sábado poderáse visitar de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h e, o domingo, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 18.30h.
Ademais, entregaránse dous premios: o voto do público e o do xurado. No caso da categoría do público, os asistentes poderán deixar as súas valoracións nunha cartolina e, na do xurado profesional, a valoración basearáse en criterios técnicos. Os trofeos foron feitos por Fernando Porto.
Esta é a exposición de bonsáis de maior calidade de toda Galicia e está organizada pola asociación con maior actividade de toda a comunidade.
Imaxe de portada: presentación da II Exposición BAE // Xornal da Estrada

Deixar un comentario