Este domingo o Sport Team Estrada firmou o ascenso a Primeira FUTGAL tras vencer 5-0 ao Camporrapado. No 41′ da primeira parte Hugo Barruso poñía por diante aos estradenses. Xa no segundo tempo, Andrés Cerviño (55′) e Manuel Fuentes (64′) continuaban avantaxando ao equipo local, labor que remataría Ezequiel Gómez cun gol de penalti no 85′ e con outro no 90′
Faino tras unha gran tempada na que só perdeu 3 e empatou 1 dos 30 partidos xogados.


Deixar un comentario