A Estrada pode volver ser o concello que máis axudas reciba para a reforma de locais

A Estrada pode volver ser o concello que máis axudas reciba para a reforma de locais

O alcalde Gonzalo Louzao e o deputado provincial Javier Tourís visitaron na mañá deste luns unha decena de locais que foron reformados grazas ás axudas da Deputación. “Fomos o Concello con máis asociacións beneficiadas no 2024 e ímolo superar no 2025″, comentou Louzao en Santa Mariña de Barcala.

Tourís congratulou a Louzao “por esta labor que está facendo polo asociacionismo, sobre todo porque é un modelo a seguir”. Destacou que se puxo a disposición a “todos os técnicos do Concello a disposición das asociacións”. “É algo moi importante e así son os resultados: o ano pasado A Estrada foi o Concello da provincia de Pontevedra que tivo máis subvencións e este ano vai polo mesmo camiño, porque temos máis de 50 asociacións no programa de acción comunitaria e 10 no Plan +Aqua”, sinalou.

En 2024 pediran as subvencións para mellorar os locais a Asociación de Veciños e Cultural Isaac Quenqueirades de Callobre, Asociación de Veciños San Xorxe de Cereixo, Asociación de Veciños San Breixo de Lamas, Asociación de Veciños Santa Mariña de Barcala, Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais Andrés de Vea, Asociación de Veciños Fonte do Santo de San Xurxo de Vea, Asociación de Mulleres Rurais de Baloira, Asociación de Veciños San Pedro de Ancorados, Asociación de Mulleres Rurais e Fátima, Asociación de Mulleres Rurais San Xoán de Santeles, Asociación de Veciños Amigos do Castro de Barbude, Asociación de Veciños Santa Apolonia de Guimarei, Asociación de Veciñas e Veciños da Parroquia de Orazo, Asociación de Veciños de Tabeirós, Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns, Asociación de Veciños de Arca, Asociación de Mulleres Rurais As Bugineiras de Nigoi, Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara de Ancorados, Asociación de Veciños de Santa Cristina de Vea, Asociación de Veciños Santa Eulalia de Matalobos, Asociación Veciñal Santa Mariña de Ribeira, Asociación de Veciños O Rueiro, Asociación de Veciños da Parroquia de Paradela e Asociación de Veciños Pouso-Carril.

Ademais, solicitáronas para mellorar o mobiliario a Asociación de Mulleres Rurais San Xulián de Arnois, Asociación de Veciños Entreveas, Asociación de Mulleres Rurais A Torre da Barreira de Riobó, Asociación de Veciños San Lois de Orazo e Asociación de Mulleres Rurais Os Muíños de Curantes.

A maioría das achegas rondou os 10.000 euros, destinando o goberno principal preto de 300.000 euros ás asociacións estradenses. Tourís lembrou que estas recuperáronse despois de 8 anos sen outorgarse e que “foi o goberno encabezado por Luís López o que as recuperou”.

“Estou encantado de como nos recibe a xente e de ver o importante que son esas obras e eses subministros para as actividades do día a día das asociacións. Houbo un par delas que me dixeron que onte domingo estiveron toda a tarde máis de 20 persoas nun local
confortable”

Javier Tourís, deputado provincial

Imaxe de portada: Louzao e Tourís nunha das visitas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario