A edición número 21 do Torneo SondoDance de baile deportivo reunirá o vindeiro domingo 18 no pavillón Manuel Coto Ferreiro a preto de 400 bailaríns de toda Galicia.
A competición comezará ás 10.00h e os bailaríns participarán nas categorías de bailes estándar (vals, quickstep, tango,
foxtrot e vals vienés), latinos ( cha-cha-chá, rumba, samba, jive e pasodoble), danza coreográfica e bailes caribeños (salsa, bachata e merengue). As categorías de danza coreográfica e bailes caribeños engadíronse nas últimas edicións, incrementando o espectáculo e a vistosidade. Prevése que remate a última hora da tarde.
SondoDance contará con algo de máis de media ducia de parellas particiapantes, debutando unha delas en danza coreográfica.
Imaxe de portada: Edición de 2024 // Xornal da Estrada


Deixar un comentario