Orazo celebrará esta fin de semana as festas na honra de Santa Lucía en Orazo. Comezarán o sábado ás 13.00h, cando se oficiará unha misa solemne e, despois, haberá unha actuación do grupo Retrouso, de Ouzande. Á noite, a verbena correrá a cargo do trío Luces de Bohemia e do dúo Charada.
O domingo haberá misas rezadas ás 10.00 e ás 11.00h e unha solemne ás 13.00h. Ao remate desta, actuarán as bandas de música Recreativa de Bandeira e Cultural da Estrada.

Deixar un comentario