Desde o corazón de Galicia ata o corazón da xuventude

Desde o corazón de Galicia ata o corazón da xuventude

Presentado o festival Latexo, no que participarán DJs do máis alto nivel

O Concello continúa desvelando a súa programación cultural para a carpa que se está instalando na praza do Concello. Ademais de acoller eventos polo Día das Letras Galegas, a Festa do Salmón e a Festa da Sidra, o 24 de maio será escenario da primeira edición do festival Latexo.

Un festival de entrada gratuíta no que estarán algúns dos DJ máis destacados a nivel nacional e, incluso, internacional. A arxentina Vilu Gontero, cos seus ritmos urbanos, é unha das “top” a nivel mundial e fará vibrar á Estrada. A ela sumaránse grandes coñecidos no concello como son Carlos López, Groove Amigos, Telmo e Pedro VR.

Comezará ás 22.00h e alongaráse ata as 3.00h, facendo chegar á vila un formato propio das grandes capitais de provincia. Agárdase que este sexa un formato que continúe nos vindeiros anos, seguindo celebrándose no mes de maio.


Imaxe de portada: Gonzalo Louzao, Carlos López e André Vázquez // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario