Xoán Reices, voceiro do BNG, arremeteu contra o goberno que lidera Gonzalo Louzao polo estado “lamentábel, rozando o delitivo”, da vía do Souto de Vea. “É criminal ter un vial nesa situación polo que pasan centos de vehículos todos os días, veciños e veciñas do noso concello, así como doutros concellos que obrigatoriamente teñen que pasar por aquí”, asegurou.
Lembrou que “levamos reclamando solucións aos problemas crónicos deste tramo do Souto de Vea desde 2020, e a día de hoxe, a única solución que dá o goberno do PP é parchear”, algo que non arranxaría os problemas.
Ademais da mellora da vía, “reclamamos o pintado do vial; estamos falando dun vial semi-urbano que a día de hoxe o único paso de peóns existente neste tramos está borrado literalmente, así como as liñas que delimitan os carrís e as zonas de aparcadoiro”, comentou o nacionalista.
Imaxe de portada: estado da estrada do Souto de Vea // BNG


Deixar un comentario