Este domingo A Fervenza de Ouzande organizou unha ruta con motivo das Letras Galegas. Nela participou unha vintena de persoas. Durante os 12 quilómetros de ruta pasaron por diferentes puntos, como poden ser os muiños da fervenza, nacemento do río Gallo, antigo encoro da Estrada, lagoa de Zo e o Monte Cabalar. Tamén puideron aprender a diferenciar o toxo cachudo do toxo manso.
Ao remate da ruta, os participantes recitaron ou cantaron algunhas cantigas populares que lles foron entregadas impresas nunha cartolina. Ademais, recibiron un libro en galego.
Imaxe de portada: participantes na andaina // A Fervenza de Ouzande


Deixar un comentario