A Xunta licita o segundo treito da autovía

A Xunta licita o segundo treito da autovía

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou na mañá deste martes a licitación do segundo treito da AG-59, ese que fará que a autovía salte o Ulla, unindo Pontevea e O Rollo.

“Agardamos que a finais de 2028 a autovía estea rematada e sexa unha realidade unir a capital e O Rollo en só dez minutos”

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia

Comentou que este paso permitirá culminar un proxecto estratéxico que reducirá os tempos de desprazamento e que contribuirá á cohesión territorial de Galicia.

En total a autovía terá 14 quilómetros, dos que 3,5 estánse a construír entre A Ramallosa e Pontevea e 4 corresponden ao segundo treito. Dos 69,6 millóns de euros que custa en total a ampliación, 33 corresponden á segunda fase.

As empresas teñen ata o 24 de xuño para presentar as súas ofertas e prevése que as obras comecen no outono para rematar en 2028.

Imaxe de portada: Alfonso Rueda e Gonzalo Louzao no Rollo anunciando a licitación do segundo treito // Xunta de Galicia

Comentarios

Deixar un comentario