O Estradense celebrará a festa fin de tempada este domingo

O Estradense celebrará a festa fin de tempada este domingo

Este domingo o Novo Municipal acollerá a festa de fin de tempada do Estradense. Ao remate do partido de semifinais contra o Noia unha charanga irá animando o ambiente na sesión vermú. Seguirána un xantar popular e a actuación dunha charanga e dun DJ. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.

O menú do xantar constará de polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, bebida, café e chupitos de licores galegos. A entrada custará 36 euros para os adultos e 18 para os rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. Para conseguilas hai que contactar coa directiva.

Ademais, continúa aberto o concurso de decoración de balcóns, escaparates e locais hostaleiros.

O Estradense está facendo unha gran tempada coincidindo co ano do seu centenario. Pode ascender a Segunda RFEF e o pasado domingo foi condecorado co Salmón de Ouro.

Imaxe de portada: imposición do Salmón de Ouro a Toño Camba, presidente do Estradense // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario