Os estradenses elixirán o novo logo de Radio Estrada

Os estradenses elixirán o novo logo de Radio Estrada

Con motivo do seu 30º aniversario, Radio Estrada está renovando a súa imaxe de marca. Para decidir a súa imaxe definitiva quere contar coa participación dos oíntes da emisora, que poderán votar a opción que máis lle guste.

O novo identificativo mantén o deseño das letras do actual pero elimina a rotación do <<e>>, letra á que se lle engade unha liña diagonal que a divide na parte baixa. Ademais, redondéanse todas as esquinas. Por último, engadíronse tres liñas curvas.

Nesta nova versión xogaráse coas cores. Empregaráse o negro e un verde máis escuro ca o actual. A primeira opción do logo ten o <<R>> en negro e as tres liñas e o <<e>> en verde e, a segunda, inverte as cores.

A votación comezará este venres e estará aberta ata o luns. Poderáse facer a través da páxina oficial de Facebook da emisora ou a través do seu WhatsApp (644 165 966).

Con esta acción, Radio Estrada busca reafirmar o seu compromiso cunha comunicación próxima, participativa e adaptada aos novos tempos. A renovación da imaxe visual forma parte dun proceso máis amplo de actualización que a emisora está a desenvolver neste ano tan especial.

Imaxe de portada: comparativa entre o logo actual e as dúas opcións // Gráfico: Xornal da Estrada / Imaxes: Radio Estrada, Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario