A circulación veráse afectada pola celebración do Trofeo Concello da Estrada

A circulación veráse afectada pola celebración do Trofeo Concello da Estrada

Este sábado A Estrada acollerá o Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada, unha proba da Copa Galicia Master. Debido a iso, varios puntos do concello e doutros polos que tamén rodará o pelotón verán afectada a circulación.

Na Estrada serán a Rúa Antón Losada Diéguez (onde se situará a saída e a meta), Avenida de Santiago, Avenida de Pontevedra, Avenida de Leicures, Avenida 25 de Xullo e Rúa Gradín.

Outras vías que verán afectado o tráfico son a N-640, a N-550, a EP-7004, a EP-7005, a EP-8400, a EP-8401, a EP-9407, a PO-213, a PO-221, a PO-226, a PO-531 e a PO-841, polas que circulará o pelotón nalgún momento.

Ademais, veráse restrinxida a circulación e o estacionamento na Rúa Antón Losada desde varias horas antes do inicio da proba e, desde as 16.00h, prohibiráse a parada e o estacionamento na EP-8401 e na PO-841 no val do Vea. Esta restricción manteráse vixente ata a finalización da proba.

Imaxe de portada: saída do Trofeo Concello da Estrada de 2024 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario