O sábado producíronse 5 en menos de 2 horas
En setembro de 2023 A Estrada sufriu unha serie de breves interrupcións na subministración eléctrica. Unha situación semellante estáse a vivir nalgunhas parroquias do sur do concello.
Sobre as 10.15h deste venres os veciños sufriron unha interrupción na subministración. Apenas durou uns minutos, pero xa non é o primeiro caso que se produce en menos dunha semana.
Na noite do pasado sábado producíronse 5 en menos de 2 horas. Pasadas as 22.50h producíase un que durou pouco máis dun minuto, que foi seguido por outro doutro minuto de duración apenas uns minutos despois. Ás 23.00h producíase o terceiro e o cuarto e o quinto sucederían seguidos ás 00.30h.


Deixar un comentario