Sábado de folklore en Orazo

Sábado de folklore en Orazo

Este sábado Orazo acolle unha nova edición do Manguelo Folck. Ás 18.30h haberá xogos con Sororas e un obradoiro de baile con Verónica Vázquez. Ás 20.30h actuarán as pandereteiras Lilaila e, a partir das 22.00h, Benofán, Charanghaitos, Do Rivés, Estraloqueiras e Xodó. Ao remate, comezará unha foliada aberta a todos os asistentes.

Comentarios

Deixar un comentario