Últimos días para mercar entrada para o Año ao Espeto de Loimil

Últimos días para mercar entrada para o Año ao Espeto de Loimil

O 1 de xuño Loimil acollerá a XIII Festa do Año ao Espeto. Comezará ás 13.00h coa misa e a bendición do agro, ás que seguirán os concertos do grupo de gaiteiros Os Ke Hai. Despois, será o turno do pregón, a cargo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Para rematar, será o turno do xantar na Carballeira da Saleta, que estará amenizado polo dúo Arcoíris.

O menú contará con empanada, polbo, carneiro, sobremesa, rosquillas, pan, viño, auga, refrescos, café e chupitos. As entradas pódense adquirir nos bares e negocios da comarca ou a través dos teléfonos 687006309, 661654926 e 659642076.

Comentarios

Deixar un comentario