Román Suárez, PSOE da Estrada
A Estrada non é unha vila dormitorio nin o vai ser nunca. Fomos un dos principais Concellos de Galicia, temos unha historia xenuína e seguimos sendo importantes a pesar de encadear moitos anos de crise demográfica e industrial.
A Estrada é un pobo para vivir por moito que o PP da Estrada se comporte máis como unha comisión de festas que como un goberno municipal. En vez de centrarse en orquestas e bonos para tapas, un goberno serio debería mellorar os servizos públicos e atacar un dos principais problemas que atopamos os veciños e veciñas da Estrada, a vivenda. As festas son importantes, pero en ningún caso deben utilizarse como maquillaxe de unha xestión nefasta.
A Estrada somos un Concello do interior de Galicia, da área metropolitana de Compostela e relativamente cercana a todas as cidades Galegas. Temos unha situación xeográfica privilexiada, un casco urbano de bo tamaño e con posibilidade de medrar e ademais existen 473 núcleos de poboación nas parroquias. Con estes bimbios deberíase poder facer un cesto perfecto, pero desgraciadamente non é así.
O prezo da vivenda fíxao o mercado, a contraposición entre a oferta e a demanda. Mentres en ciudades como Santiago o prezo se sitúa o redor do 2500 euros metro cuadrado, na Estrada atópase en 811. Estes precios baixos evidentemente non son causa dun exceso de oferta, senon de unha falta de demanda. A falta de interés nun concello que algún día foi referente autonómico e que estamos seguros de que con outro tipo de políticas pode volver a selo.
A Vivenda como investimento non é rendible na Estrada. A mellor proba é que estamos en mínimos de promoción inmobiliaria e rehabilitación de vivenda na Estrada. É un drama que non somos capaces de remontar a pesar dos prezos prohibitivos que hai en Santiago e das listas de espera por un piso de aluguer.
As políticas do PP impiden aproveitar esas circunstancias porque levan anos devaluando A Estrada. Non somos un concello percibido como atractivo para vivir e é normal. Recollida de lixo deficiente, programas de servizos sociais moi inferiores a outros concellos, IBI alto, sen traídas nas parroquias, sen boa conservación de pistas, sen internet en innumerables lugares. Todo iso impídenos atraer novos veciños e veciñas que revitalicen a vila e as parroquias da Estrada.
Polo tanto, como se pode mellorar a situación actual? Pois en primeiro lugar debemos xerar Unha ampla demanda a qué se lle proporcione a oferta inmobiliaria axeitada.
O máis importante é facer política industrial, ese é o futuro da Estrada. Que o noso concello sexa reclamo laboral, que lle dea oportunidade a xente de un desenvolvemento profesional, e desto xeito, sexa un pobo no que a xente poida traballar e asentarse.
Tamén, debemos ter claro que poñer unha vivenda en aluguer é facerlle ben á Estrada, temos perderlle o medo a alugar. A maioría da xente nova da Estrada ten dificultades para comprar (xuntar a entrada, hipotecarse, facer reformas…). O aluguer é a alternativa que teñen para vivir aquí, asentar e crear familias na Estrada.
A construción de vivenda de promoción autonómica é un primeiro paso. Dixémolo hai anos, dicímolo agora, e manterémolo no futuro. As 28 vivendas que a Xunta pretende construír na Estrada non son suficientes e sabémolo todos, fan falta moitas máis e a prezos razoables. Non pode ser que a Xunta priorice 4.000 vivendas para A Coruña e despois diga que mira polos concellos de mediano tamaño. Que reparta esas 4.000 en Concellos coma o noso, que na Coruña, en Vigo ou en Compostela xa sobra quen faga inversións.
O goberno municipal botou anos sen facer política de vivenda. O PSOE levamos anos reclamando axudas para poñer no mercado as case 4.000 vivendas baleiras (que non son nin primeira nin segunda residencia, están completamente desocupadas) que hai no noso Concello. Están na vila, están nas parroquias e pouco a pouco vanse arruinando.
O PSOE da Estrada tamén reclamamos que a Xunta inclúa aos municipios de +20.000 habitantes nas axudas a Concellos para compra e rehabilitación de vivenda. Sería unha liña ideal para financiar un parque de vivenda municipal en aluguer. Poderíanse recuperar edificios enteiros que agora están deshabitados e agardando por un inversor que non chega.



Deixar un comentario