Catro persoas foron detidas este sábado nunha operación antidroga. Tal e como informa o Faro de Vigo, tres das detencións producíronse no número 63 de Figueiroa de Abaixo.
Este operativo da Garda Civil estaría relacionado co menudeo de estupefacientes. No operativo participaron desde as 9.00h membros dos cuarteis de Silleda e A Estrada, a Policía Xudicial de Lalín e Unidade Cinolóxica da Garda Civil.
Imaxe de portada: zona na que se desenvolveu o operativo // Google Maps / Captura de pantalla


Deixar un comentario