Na Xunta de Goberno Local celebrada este luns decidiuse impoñer penalidades á empresa que serviu a comida na Festa do Maior, na que foi necesario buscar comida noutro establecemento diferente despois de que o menú non fora suficiente para atender a 50 das persoas congregadas alí.
Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, indicou que se lle van aplicar “as máximas penalidades que permite a lei”. Isto, comentou, será notificado á empresa e, posteriormente, abriráse un prazo para que presente as alegacións que considere oportunas.
“Non cumpriu e xa o dixemos dende o primeiro momento que tomaríamos medidas”
Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada
Tras producirse a polémica o goberno local asegurou que era un “contrato suculento” ao que se presentaran máis empresas das habituais. Ademais, desvelaron que a empresa gañou o concurso cunha diferencia de 50 céntimos por menú respecto á seguinte licitante, que resultou ser unha empresa estradense.
Imaxe de portada: Festa do Maior // Concello da Estrada


Deixar un comentario