A Fervenza de Ouzande abriu as inscricións para a súa excursión anual. Celebraráse o domingo 8 de xuño e terá como destino Allariz. A saída está prevista para as 9.00h na Igrexa de Ouzande.
A inscrición pódese facer na Taberna de Ouzande, a través do correo carreirosouzande@gmail.com ou do teléfono 986 570 285. Aqueles que sexan socios maiores de idade pagarán 20 euros, os socios menores de 18 anos, 12 euros, e aqueles que non sexan socios, 25. Cada persoa terá que levar o seu xantar.
Programa:
9.00h Saída desde a Igrexa de Ouzande
Parada café
Visita á Igrexa románica de Santa Mariña de Augas Santas
Roteiro arqueolóxico ata a Cibdá de Armeá (xacemento romano)
Xantar en Allariz ao aire libre na praia fluvilal de Acearrica
Visita guiada pola vila histórica de Allariz
Visita ao Festival de xardíns de Allariz
Tempo libre
21.00h Chegada a Ouzande
Imaxe de portada: excursión de 2024 // cedida


Deixar un comentario