Este martes a concelleira de Emprego, Lucía Seoane, achegouse ata a Escola de Emprego promovida por Acción Contra a Fame e o Concello da Estrada para entregar os diplomas aos participantes. Este programa está dirixido aos menores de 30 anos inscritos no programa de garantía xuvenil. Neste primeiro semestre formáronse en soldadura e traballos de almacén.
Segundo os datos aportados pola organización, dun total de 38 alumnos, o 80% rematou a formación, o 40% apostou por seguir formándose e a inserción laboral xa se sitúa no 20%.
Os asistentes a este programa acudirán o mércores, 4 de xuño, a unha feira de emprego específica de Acción Contra a Fame, de xeito que poderán seguir establecendo contactos profesionais.
Imaxe de portada: entrega de diplomas // Concello da Estrada


Deixar un comentario