Sabores da Estrada e “Quere o teu mercado” coincidirán no Novo Mercado

Sabores da Estrada e “Quere o teu mercado” coincidirán no Novo Mercado

Este sábado o Novo Mercado acollerá unha proposta do Concello da Estrada e outra da Xunta de Galicia que promocionarán o conercio dos produtos locais.

No caso da Xunta é a campaña “Quere o teu mercado”, que busca apoiar, promocionar e visibilizar o papel dosmercados nas vilas e cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras e, no do Concello, colaborará con Sabores da Estrada, ofrecendo os produtos de Apícola Cañedo, Mel do Abuelo, Melindres Pelegrinas, Aceite As Besadas, Sidra Camino, Sidra López Pampín, Marmelada Biofruit, Horta Rebulidoiro, Ovos de Remesar, Horta Río Ulla, Horta Peregrina e Flavia Horta da Casa.

Comentarios

Deixar un comentario