Vímolos axudando no operativo especial pola etapa do Gran Camiño, podemos atopalos mercando nunha tenda da Estrada e atoparémolos nos actos relixiosos do día grande do San Paio. Falamos da 17ª Promoción de Policía Local da AGASP.
Os integrantes sairán na procesión do 26 de xuño, día do patrón estradense, que percorrerá as rúas máis céntricas da Estrada. Nela tamén estarán os integrantes da banda da Brilat e un nutrido grupo de representantes de forzas políticas, económicas e sociais do concello. Ao remate da procesión, os axentes achegaránse ata a Praza da Constitución, onde comezará un concerto.
Imaxe de portada: 17ª Promoción de Policía Local // Concello da Estrada


Deixar un comentario