O Concello pagará todos os atrasos da RPT no outono

O Concello pagará todos os atrasos da RPT no outono

O alcalde Gonzalo Louzao marcou as datas definitivas para facer un pago íntegro dos 2,5 millóns de atrasos da Relación de Postos de Traballo (RPT). Segundo avanzou o mandatario nunha reunión cos traballadores, a previsión é facelo entre outubro e novembro mediante unha nómina extraordinaria. Deste xeito, poderíase “cerrar un capítulo” que non estivo exento de conflitividade laboral.

“Queremos saldar a importante débeda cos traballadores e pasar páxina. Non queremos seguir gravando as arcas públicas porque, ao final, a vosa débeda está recoñecida e, se o seguimos dilatando, o único que facemos é incrementar os intereses”

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada

Esta débeda adquiriuse con máis dun cento de traballadores entre os anos 2016 e 2021.

Para Louzao esta é unha “magnífica ocasión” para saldar a débeda despois de que a xestión económica permitise xerar remanentes para afrontar o abono de xeito íntegro. Nesta situación favorable influíu que se recibiron os pagos pendentes das subvencións que o Concello adiantara en proxectos do IDAE e da EDUSI.

Imaxe de portada: reunión cos traballadores // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario