Mar Blanco, Móvete
Desde que o matadoiro suspendeu a actividade Móvete ven reclamando actuacións para evitar o deterioro da instalación. De feito no ano 2015, recén chegado Móvete ao concello pedimoslle ao alcalde, José López, que se procedera á limpeza da depuradora, xa que estábase pudrindo a causa de ter a piscina chea de residuos animais en estado de putrefacción. Xa naquel momento decíamos que as instalación nas que se ubicaba o matadoiro municipal eran propiedade do Concello, e este era o responsable de mantelas en bo estado.
Lamentablemente e como é habitual cos edificios públicos onde cesa a actividade orixinaria acaban convertindose en ruínas. No caso que nos ocupa non hai excusa de outras Administracións, xa que é unha propiedade municipal, sen embargo o goberno local mirou e mira para outro lado obviando o estado no que se atopa actualmente.
É increíble o estado no que se atopa a edificación abandonada, convirteuse nun auténtico basureiro nun terreo municipale entendemos que dende o punto de vista medioambiental non é a mellor imaxe que pode dar o Concello da Estrada. Por iso que urxe a erradicación de todo o lixo e darlle unha segunda vida á edificación.
Neste senso propoñemos poñelo a disposición dos produtores locais para levar a cabo un Plan de Valor engadido da sua produción a través da transformación. En concreto plantexamos aproveitar as instalación para crear un espazo adicado á formación -a través da organización de talleres- e transformación da producción local.
Tanto os produtos de horta como as froitas, poden transformarse e levar a cabo outras formas de conservación. Por exemplo a elaboración de mermeladas e zumes, incluso pode ser aproveitado polo sector da máza, para elaborar tanto sidra, como zumo de mazá. De feito hai produtores estrasenses que van facer zume e outras elaboracións a Concellos coma o de Vedra ou Brión que si puxeron espazos municipais a disposición dos productores. Sen embargo na estrada o goberno prefire deixar abandoar os espazos.
É unha oportunidade empregar este espazo para impulsar o desenvolvemento dos sectores produtivos en toda as súas fases: a produción, transformación e comercialización da producción local. Ademais dándolle unha segunda vida a esta instalación evitamos o seu deterioro e disuadimos que a veciñanza a empregue como un basureiro.



Deixar un comentario