Unhas 40 persoas participaron na excursión anual da Fervenza de Ouzande, actividade que os levou ata Allariz (Ourense). O destino desta edición foi o mesmo ca o de 2002, cando a asociación celebrou a súa primeira excursión.
Pola mañá puideron coñecer o manantial de Santa Mariña de Augas Santas e a parroquia homónima, que conta cunha impresionante igrexa románica. Tras visitar a cibdá de Armea e facer paradas no Asento da Santa, no Forno da Santa – unha sauna prerromana – e nas Pioucas da Santa, xantaron na praia fluvial de Acearrica, preto do casco urbano allaricense.
Pola tarde coñeceron o núcleo urbano medieval de Allariz e subiron ao Monte do Castelo. Antes de regresar a Ouzande, visitaron o Festival de Xardíns de Allariz, nas beiras do Río Arnoia.
Imaxe de portada: foto de familia en Allariz // cedida


Deixar un comentario