O 21 de xuño, ás 19.00h, a piscina climatizada acollerá a exhibición de natación artística do club estradense Sincroburbullas. Nela participarán 40 deportistas, con idades comprendidas entre os 8 e os 62 anos.
A mostra inclúe rutinas de natación artística de equipo, dúo e solitario, que estiveron traballando ao longo da presente tempada. Poderán asistir todas as persoas interesadas e durará, aproximadamente, unha hora.
Imaxe de portada: presentación da exhibición // Concello da Estrada


Deixar un comentario