Tres persoas roubaron na madrugada deste xoves tres teléfonos móbiles da marca iPhone na tenda que Movistar ten na Estrada. Ademais, intentaron arrincar varios expositores, aínda que non o conseguiron.
Tal e como avanza Faro de Vigo, accederon á tenda rompendo o cristal desta coa tapa dun sumidoiro que se atopaba a poucos metros. O botín ascende a uns 4.000 euros e os asaltantes fuxiron nun coche alarmados polos berros dos veciños.
Non é a primeira vez que sucede algo semellante nesa zona. A finais de 2021 tres persoas asaltaron o almacén dunha antiga tenda de telefonía que se atopaba nas proximidades da de Movistar. Ese roubo tamén se produciu de madrugada e os ladróns fuxiron nun vehículo, que un mes máis tarde atopouse calcinado en Toledo.


Deixar un comentario