Aguións celebra o San Antonio

Aguións celebra o San Antonio

Aguións celebra este sábado 14 o San Antonio. Ás 10.30h tiraránse bombas de palenque e, ás 13.00h, oficiaráse unha misa cantada que contará cunha procesión, á que seguirá a sesión vermú unha hora despois. Esta estará amenizada pola Orquesta Tokio, que tamén actuará na verbena, que comezará ás 22.00h. Ademais, ás 23.00h tiraránse fogos de artificio. A alborada polas aldeas e a procsión correrá a cargo de Os ke hai.

Comentarios

Deixar un comentario