Este sábado, 21 de xuño, a partir das 20.00h A Fervenza de Ouzande celebrará a foliada fin de curso das clases de música, canto e baile tradicional que oferta. Unha trintena de persoas acode semanalmente ás clases. Será no campo da festa ouzandés.
O evento comezará coas actuacións do alumnado. Desde a asociación convida ás persoas que así o desexen a levar os seus instrumentos.


Deixar un comentario