Este martes o IES Avelina Valladares celebrou unha nova edición da “Revista Viva. Nós de Nós”, a primeira tras o cambio de nome do centro – algo que tivo especial relevancia. Nela contouse co humor de Fede Pérez, a improvisación de Alba María e as pezas de Silandeira. Tamén se representou a obra “As ferreñas” e entregouse o X Premio IES-G ao Exprés de Vea. Ademais, estreouse a identidade corporativa do IES, deseñada por Rosa de Cabanas.
























Deixar un comentario