O baño permitiráse nos meses de xullo e agosto
Tal e como publicamos este mércores, na praia de Porta Pousada – tamén coñecida coma a do Río Liñares – estánse levando a cabo labores de mellora de cara o inicio da tempada de baño.
Aínda que na actualidade o recinto xa está aberto para a celebración de eventos, non será ata o 1 de xullo cando se permita o baño, pois será a partir dese momento cando haberá servizo de socorrista. Este servizo ofreceráse ata finais de agosto, cando se restaurará a prohibición de baño.
O restablecemento desta prohibición non implicará o peche da praia, que non se producirá ata o 15 de setembro.
Imaxe de portada: Praia Fluvial de Liñares // Xornal da Estrada


Deixar un comentario