Xornal da Estrada comeza unha ampla cobertura polas festas de San Paio

Xornal da Estrada comeza unha ampla cobertura polas festas de San Paio

Este venres comezou a cobertura especial do Xornal da Estrada polas festas de San Paio. Fíxoo cun artigo de opinión do alcalde estradense, Gonzalo Louzao.

Desde este venres e ata o sábado 28 publicaráse ás 20.00h un avance da programación do día seguinte. Ademais, desde o domingo e ata o luns 30 publicaremos as mellores imaxes das festas.

O final da cobertura marcaráo unha edición especial do Xornal Semanal que está previsto que se publique o luns 30. Nel faráse un resumo das festas, semellante ao que se fixo no 2024.

Ademais, todos os días nos que vaia haber actos pola noite, engadiráse a previsión nocturna á previsión meteorolóxica que se compartirá a través de Facbook, Instagram, Telegram e WhatsApp.

Imaxe de portada: pasarrúas no San Paio 2024 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario