López Bueno pon en dúbida o sistema de dúas voltas en desbroces

López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, considerou que o anuncio do goberno local de que se completarán dúas voltas de desbroce. Para el, estas declaracións atópanse “totalmente fóra da realidade” e é “indignante que se minta de forma sistemática dende os despachos da alcaldía”.

Confirmou que nos últimos a nosos socialistas recibiron queixas de “case todas as parroquias” e este ano mantense a situación. “Logo o servizo non mellorou en nada”, asegurou. Engadiu que en moitos lugares as máquinas “non pasaron unha vez sequera”.

Reclamou que se leven a cabo as rozas “en todos os lugares, por salubridade e pola seguridade viaria nas parroquias”, pois a maleza dificulta a convivencia entre peóns e vehículos.

Para López Bueno, a solución pasa por incrementar o orzamento, algo que só sería posible “se as prioridades do actual goberno estiveran claras, pero claro, aquí o que importa é arranxar algún retablo e contratar xefes de prensa que escriban as mentiras do goberno nas notas de prensa”.

Ademais, agardou que se comecen a “concretar os proxectos que se van a executar nas parroquias cos novos fondos europeos”, pois ata o momento “é o único que prometeron nas parroquias ademais das 8 pistas que se asfaltaron no 2024”.

Comentarios

Deixar un comentario