Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, denunciou que a atención do Punto Limpo empeorou desde o cambio de empresa adxudicataria. “As colas e os tempos de espera para deixar o lixo incrementáronse notablemente, chegando a preto dunha hora”, explicou.
Instou a Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, a “buscar unha solución para que axilizar a prestación deste servizo”. Desde o partido nacionalista apuntan a que a orixe do problema residiría na falta de persoal, pois pasouse de estar dúas persoas atendendo o servizo a só unha.
“O alcalde ten que buscar unha solución para que a prestación do servizo de recollida de lixo do punto limpo sexa rápido e eficaz”
Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada
Tamén quixo volver a alertar do lixo que se acumula no matadoiro e nos arredores do Punto Limpo, situación á que “a día de hoxe o alcalde aínda non lle puxo remedio”. “Sabemos que se este lixo estivese na alameda xa estaría recollido, mais como está alá perdido do no medio do monte ao alcalde non lle importa”, asegurou.

Deixar un comentario