A Estrada celebra un día de San Paio coa Brilat, La Ocaband e América

A Estrada celebra un día de San Paio coa Brilat, La Ocaband e América

Este xoves é o primeiro dos días festivos das festas de San Paio, coincidindo co día do patrón, San Paio. Como de costume, as bombas de palenque lanzaránse ás 10.00h.

A música comezará a soar ás 11.00h, cos pasarrúas de Os Sin Son Gaiteiros e da Banda de Música Cultural da Estrada. A esa hora tamén comezará o torneo de 3×3 de fútbol sala, que se alongará durante toda a xornada.

Ás 13.00h a Banda de Música Cultural da Estrada dará un concerto na Praza da Constitución. Unha hora máis tarde, a Zona dos Viños acollerá a sesión vermú con Jorge Ferret.

Ás 18.00h na Zona dos Viños haberá un concerto de Mad Martín Trío. Hora e media despois comezarán os actos grandes da xornada co desfile das bandas da Brilat e Os Coribantes. A misa polo patrón comezará ás 20.00h, cantada polo grupo Támega. Ás 21.00h sairá a procesión do San Paio, que estará acompañada pola Brilat, polos Coribantes e pola 17ª Promoción da Policía Local.

Ás 22.00h desfilará a charanga Támega e, media hora despois, a Banda Os Coribantes dará un concerto na Praza da Constitución. A verbena comezará ás 23.30h, co espectáculo “Camiñantes e cantantes”, de La Ocaband, – no que estarán, como convidados, Pili Pampín, Manuel Manquiña e Pepo Suevos – e coa Orquestra América, na Praza de Galicia.

Imaxe de portada: Banda da Brilat no San Paio 2024 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario