A procesión do San Paio modificará o seu percorrido habitual

A procesión do San Paio modificará o seu percorrido habitual

A procesión do San Paio, que terá lugar este xoves a partir das 21.00h, fará unha modificación no percorrido habitual das procesións para evitar as aglomeracións na Porta do Sol.

Deste xeito, sairá da igrexa e, como vén sendo habitual, pasará por Don Nicolás e Calvo Sotelo. Despois, e aquí chega o cambio, seguirá polas rúas Castelao, Iryda e Ponteareas para chegar á Porta do Sol. Tras isto, procesionaráse polo percorrido tradicional, subindo polas rúas Ulla, Calvo Sotelo e Don Nicolás.

// Xornal da Estrada

Por ese motivo, desde as 8.00h deste xoves estará prohibido estacionar nas rúas que se suman á procesión.

Imaxe de portada: procesión de 2024// Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario