Fin de festa co tudense G Face e coa Galilea

Fin de festa co tudense G Face e coa Galilea

Este domingo rematan as festes de San Paio 2025. Por última vez ata 2026, as bombas de palenque espertarán aos estradenses ás 10.00h. Os pasarrúas comezarán ás 11.00h e correrán a cargo da charanga Os Encerellados, Lume na Lareira e da Banda de Gaitas de Forcarei.

Ás 13.00h a Praza da Constitución acollerá o concerto da Banda de Gaitas de Forcarei e, ás 14.00h, collerán o relevo Los Chicky’s na Praza do Mercado. Pola tarde, as charangas TNT e BB+ animarán as rúas e a Zona dos Viños acollerá os concertos de Dr Zaius e Dalia Negra, dous grupos locais, o primeiro con experiencia sobre os escenarios e, o segundo, debutando. Será a partir das 20.00h.

Ás 22.00h na Porta do Sol actuará o tudense Gabriel Fandiño, máis coñecido como G Face. Ás 00.00h lanzaránse desde A Cañoteira os fogos de artificio que marcarán o final dos festexos, aínda que a música continuará a partir das 00.30h na Praza de Galicia coa orquestra Galilea. Será sobre o escenario desta última onde se celebrará o sorteo dunha viaxe a Punta Cana.

G Face

Natural de Tui pero residente en Tomiño, con 21 anos fichou por Universal Music e, 2 anos máis tarde, fíxose coñecido polo tema 7 vidas. De feito, fíxose viral en redes sociais pola súa actuación no Benito Villamarín, o campo do Betis, no que había 58.000 persoas.

A súa discografía combina os temas de amor cos de desamor e vai desde a bachata romántica ata o reguetón romántico. Hai dous meses sacou Mi luna.

Día do Neno

Este luns as atraccións celebrarán o Día do Neno, sendo máis barato montar nelas.

Imaxe de portada: fogos fin de festa de 2024 // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario