Louzao celebrou a declaración da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, quixo agradecer públicamente que o Consello da Xunta de Galicia aprobase a declaración da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural. Destacou a importancia que iso ten en termos de “preservación” e protección da tradición “para que esta festa siga existindo tal e como nola transmitiron os nosos devanceiros”.

A culminación do expediente iniciado en 2024 supón conseguir a “máxima protección” institucional “para as bestas, para a tradición en si e para o entorno no que viven este animais”, comentou. Celebrou esta declaración e agradeceu á Xunta por facela posible.

“O que se nos entregou a nós temos que preservalo para as xeracións futuras”

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada

Ademais, lembrou que iso chegou a escasos días de comezar a Rapa. “Celebraremos como se merece esta Rapa co pobo de Sabucedo e con todos os veciños e visitantes que se acheguen a gozar da nosa tradición”, asegurou.

Comentarios

Deixar un comentario