Este martes localizouse unha rotura na rede da traída de auga da Estrada que provocaba que se perdesen 700 metros cúbicos de auga ao día. A incidencia atopouse nas inmediacións da central de Emerxencias, en Toedo e xa foi solucionada.
Aínda que a rotura non chegou a afectar aos fogares, algunhas vivendas e algunhas das empresas que se atopan no polígono da parroquia non tiveron subministración mentras duraron as obras de reparación. Tralo arranxo, observouse que o depósito recuperon 500 metros cúbicos en 12 horas.
Dita incidencia foi detectada o domingo, aínda que se lle atribuíu ás festas de San Paio, pero rápidamente se desbotou esta hipótese.
A labor de inspección realizada tamén permitiu detectar pequenas perdas na Zona Deportiva, provocada por varias fisuras na rede. Sobre isto tamén está previsto que se leven a cabo actuacións.
Imaxe de portada: // Concello da Estrada


Deixar un comentario