Xornal da Estrada despide os vídeos do ‘Xornal Semanal’ desde Sabucedo

Xornal da Estrada despide os vídeos do ‘Xornal Semanal’ desde Sabucedo

Xornal Semanal xa é unha marca ligada á cultura, ao que pasa e a contar moitas cousas desde outras perspectivas. É contar as noticias desde onde pasan, aínda que moitas veces non se puido facer.

O vindeiro luns 7 non só rematará a tempada do Xornal Semanal, tamén rematará a historia da súa edición en vídeo. A edición que comezou unha nova aposta pola información e pola análise, contando aquilo que sucedeu nunha semana.

Este final faráse nunha edición especial desde a Rapa das Bestas de Sabucedo que, á súa vez, marcará o final da cobertura especial pola festa e o inicio dunha semana de vacacións. Nese vídeo combinaráse o resumo da Rapa, con información sobre ela, a actualidade da semana e varias entrevistas.

Iso si, en setembro está previsto que regrese a marca, pero só na edición web.

Xornal Semanal é unha marca que evolucionou moi rápido: pasou do clásico sumario a avanzar o contido dos vídeos de forma diferenciada – algo que comezara cun sumario titulado “pan e circo” -, engadiuse unha edición web coa ligazón a todas as noticias – que nas nosas historias xa bautizamos como “a newsletter da semana” – e rematamos os nosos vídeos cunha crónica pausada.

Esta marca naceu porque se deron unhas circunstancias concretas, pero agora toca adaptarse a unhas novas.

Imaxe de portada: gravación dun Xornal Semanal na Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario