Este venres comezou a Rapa das Bestas. Ás 6.30h tiña oficiouse unha misa na honra de San Lourenzo para que, ao remate, unhas 200 persoas subisen ao monte a buscar as bestas. A elas sumáronse outras que se achegaron en todoterreos
Pouco despois das 14.30h chegaba ao peche do Peón unha manda de 110 bestas, ás que se lle sumarían ás 16.30h outras 80 procedentes de Conla. Todas foron conducidas e entraron no peche do Castelo ás 19.30h, onde xa estaban máis dun cento de bestas que foran reunidas nas xornadas anteriores.
Este sábado, ás 11.00h, iránas buscar para baixalas ata Sabucedo, onde está previsto que cheguen sobre as 14.00h. Ás 18.00h abriránse as portas do curro e, unha hora despois, comezará o primeiro curro da edición. Alí, os asistentes atoparánse con garañóns como “Chino”, “Chapas”, “Confinado”, “Quixote” ou “Ciclón”.
Antes do inicio do curro, o conselleiro de Lingua, Cultura e Xuventude, José López Campos, fará entrega dunha placa acreditativa da declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) inmaterial ao presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente Monteagudo.
Ademais, tamén se están gravando os contidos do museo virtual da Rapa das Bestas. Con este proxecto da Deputación de Pontevedra, poderáse visualizar diferentes momentos da Rapa a través de 61 códigos QR repartidos pola parroquia de Sabucedo. Ademais, a empresa adxudicataria, Lux Xperience, instalará no curro unha spider cam semellante á empregada nos partidos de Primeira División.

















Deixar un comentario