O director xeral de Gandaría e Agricultura, José Balseiros, anunciou este venres que a Xunta está preparando un peche de 45 hectáreas de superficie que se destinará á alimentación dos animais salvaxes nas épocas máis duras do ano. A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo será unha das usuarias deste espazo.
Actualmente xa se fixo o peche perimetral e unha manga de manexo. Os seguintes pasos serán o rozado e a preparación do terreo para sementar tres tipos de herba distinta.
A inclusión dunha manga de manexo foi unha petición do alcalde estradense, Gonzalo Louzao, para que así a asociación organizadora da Rapa das Bestas poida sanear alí aos animais ou microchipalos.
Para toda a actuación a Xunta destinou 200.000 euros, aos que se lle suman os 75.000 destinados á eliminación de maleza e creación de pastos.
Imaxe de portada: visita ao peche // Concello da Estrada


Deixar un comentario