O 114.454 xa ten nome, apelidos e cara. A viaxe a Punta Cana que se sorteou coincidindo co remate das festas de San Paio xa foi entregada á gañadora do sorteo, María Ferreiro.
Esta estradense reclamou o premio o pasado luns e recibiuno este venres da man de Juan Rivadulla, que estivo acompañado pola comisión de festas e por Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada.
Ferreiro mostrouse “encantada” de que lle tocase e agradecida coa comisión de festas. Asegurou que sinte que se atopa nunha nube, pois nunca lle tocou nada.
Ten pensado facer a viaxe nos vindeiros meses e dáse a casualidade de que ela estivo en Punta Cana de lúa de mel hai 30 anos.
Imaxe de portada: entrega do premio // Xornal da Estrada


Deixar un comentario