Amplían tres horas o horario da carga e descarga da Rúa Iryda

Amplían tres horas o horario da carga e descarga da Rúa Iryda

O Concello da Estrada modificou o horario da carga e descarga da Rúa Iryda para facilitar o descanso dos veciños. Os residentes nesa rúa trasladaran as súas queixas porque todos os días entre as 05.00 e as 06.00 horas da mañá facíase a reposición dos produtos do supermercado que se ubica nesa rúa, sendo inevitable o ruído.

Por iso, o ente municipal negociou con Vegalsa, a empresa propietaria do establecemento, e decidiuse ampliar o horario da carga e descarga desde as 20.00 ata ás 23.00 horas, podenso realizarse a reposición tras pechar o supermercado ás 21.30 horas. As tarefas de abastecemento teñen unha duración de entre 60 e 90 minutos.

Deste xeito, o novo horario da carga e descarga é de 08.00 a 13.00 e de 16.00 a 23.00 horas. Estes cambios xa foron incorporados á sinalización a pé de rúa.

Imaxe de portada: sinal co novo horario // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario