Agar honrará a Santa Mariña

Agar honrará a Santa Mariña

Fin de semana de festas de Santa Mariña en Agar. Comezarán o sábado 19 cunha misa solemne ás 14.00 horas que será cantada pola Coral Polifónica Estradense. A procesión e a posterior sesión vermú correrá a cargo de Lume na Lareira. Ás 21.00 horas comezará a verbena que amenizará o dúo Supercombo. O domingo 20 ás 14.00 horas oficiaráse unha misa solemne polo Santísimo Sacramento.

Comentarios

Deixar un comentario